viernes, 5 de agosto de 2011

SINAIS DE ALARMA NOS TRASTORNOS ALIMENTARIOS


Na nosa comunidade autónoma os datos non son diferentes os do resto de España. Os suicidios, a desestructura familiar que conleva, a ausencia de vida social, e unha serie de situacións que fan dos problemas de alimentación un inferno para todo o entorno da persoa que o sofre e para ela/él  mesma/o.

En decembro do 2010 morreu unha modelo, Isabelle Carohttp://www.elmundo.es/elmundo/2011/01/23/internacional/1295740573.html imaxe de campañas contra a anorexia, e un mes despois súa nai suicidábase. Non temos que ir lonxe para escoitar escalofriantes historias de vida, as temos en Vigo, en Bueu, en Cangas, en Mos....E debemos escomenzar a tomar medidas no asunto porque pódenos tocar a nós ou a alguén próximo e non saber coma actuar.
SINAIS DE ALARMA

anorexia
1-Fixación cas calorias: ler tódolos ingredientes dos produtos, contar as calorías de cada alimento e nas súas conversas está moi presente o contido dos alimentos e o que engorda cada un.

2-Comenza a eliminación de produtos que "engordan": siguen fielmente as falsas indicacións de revistas e publicidade ou información pseudocientífica eliminando polo xeral hidratos, azúcares e grasas.

3-Inician unha actividade deportiva frenética o de non poder facela comenza a hiperactividade cas labores do hogar e todo aquelo que implique movemento.

4-Descenso de peso.

5-Preparación dos alimentos para autoconsumo cocidos, á plancha, ensaladas con pouco contido. Se cociña para os demais fará comidas elaboradas e de gran aporte calórico.

bulimia
1-Fixación cas calorias: ler tódolos ingredientes dos produtos, contar as calorías de cada alimento e nas súas conversas está moi presente o contido dos alimentos e o que engorda cada un.

2-Máis difícil de detectar ca anorexia, xa que mantén o peso normal. 

3-Está a "dieta" constantemente e cando ninguén a/o vixila dáse o atracón e despois vomita, fai exercicio, toma laxantes....Quedan restos de vómito no retrete, ou vomitan dentro de bolsas de plástico, ou pódense atopar restos de envoltorios de alimentos no seu armario, no seu espazo. Desaparece unha gran cantidade de comida de casa (comen pola noite as agachadas, cando non hai ninguén en casa).